Urbanismo Emocional

Un proxecto para vencellar os/as cidadáns/ás
e á súa contorna urbana
a través das EMOCIÓNS

Urbanismo Emocional

O proxecto Urbanismo emocional parte da idea de mirar os espazos comúns para os habitantes da vila que son á vez particulares de cada un. Esta particularidade vén dada polas vivencias asociadas a eses percorridos cotiás que enchen de vida e significado a realidade de cada veciño e veciña e que, ao ser compartidos, crean comunidade.

Urbanismo Emocional

É importante que os espazos comúns que compoñen o urbanismo dun pobo (as súas rúas, prazas, xardíns,…) non perdan de vista a relación dos cidadáns co seu propio entorno. A suma de experiencias, movementos, emocións e memorias asociadas a estes espazos é o que constrúe a nosa propia percepción do entorno urbano.

Urbanismo Emocional

Esta percepción non é unha foto estática, senón unha suma de “instantáneas” que os veciños recolleron, significaron e comunicaron a través do seu vídeo.

Convidámosvos a coñecer este "mapa emocional" da vila das Pontes.

Urbanismo Emocional

Autores e autoras

Participantes no obradoiro de videocreación
e as súas pezas audiovisuais resultantes

Proxecto

Carolina Díguele

La belleza de lo imperfecto

Ir ao vídeo
Proxecto

Miriam Paz

Un día calquera gozando da túa infancia

Ir ao vídeo
Proxecto

Xosé Antón Pernas

Polas beiras do río

Ir ao vídeo
Proxecto

Francisco Balado

O meu lecer nas Pontes

Ir ao vídeo

Impartido por


Obradoiros videoterapia

VideodinamizARTE é un proxecto pioneiro que aúna dúas disciplinas: o audiovisual e a psicoloxía para elaborar un produto cultural, empregando as potencialidades do vídeo en contextos de crecemento persoal, intervención social, cultural e educativa con diversos colectivos.

Ofrecemos diversos formatos de obradoiro que teñen como obxectivo xeral o achegamento ás potencialidades creativas de cada participante a través da elaboración dunha peza audiovisual.

A nosa metodoloxía facilita a toma de conciencia sobre o feito de que: na medida en que miramos e encadramos a nosa realidade, mirámonos e encadrámonos a nós mesmos.

Fala connosco